Desobediência. XXVII Festival da Poesia no Condado

FPC2

O Festival da Poesía no Condado, que se vén celebrando en Salvaterra de Miño dende hai case tres décadas, anuncia unha nova edición fiada pola palabra de orde Desobediência. Entre concertos, recitais e exposicións hai lugar para unha nova proxección de Fóra na raia, abrindo a programación o día 30 de agosto ás 19.30h nas Covas de Dona Urraca.

O Festival da Poesía está actualmente en campaña de financiamento a través da plataforma Verkami. Se queres colaborar podes facelo nesta ligazón.

Máis información:

Programación do XXVII Festival da Poesia no Condado

Web da SCD do Condado