CPH:DOX 2012

Fóra vén de ser seleccionado no Festival Internacional de Documental de Copenhagen, que terá lugar entre o 1 e o 11 de novembro de 2012. Participará, en concreto, da sección New Vision, con catro proxeccións repartidas entre a Cinemateca danesa e o Malmö Konsthall sueco. Velaquí a información que achega a páxina do festival:

Grazas a rompexeos académicos como Foucault, Felix Guattari e Gilles Deleuze, o interese pola teoría e prácticas antipsiquiátricas dos anos 70 experimentou un renacemento que en Fóra conflúe nun ‘caso práctico’ formalmente rigoroso, centrado nun sanatorio situado en Conxo, España. Unha síntese de documentos ―recortes de xornais, diapositivas, gravacións de súper8 e novas entrevistas― que reinciden na historia da loucura como un prisma atravesado polas represións ‘irracionais’ da nosa sociedade, e presentados baixo unha forma básica: texto, imaxe, voz. Un membro do persoal médico compara o tempo antes e despois da reforma dos 70 mentres un expaciente verbaliza a mesma experiencia vivida desde o interior do hospital, nas lecturas en voz alta da revista underground ‘Carne negra’. Os recortes de xornal informan, ao tempo, dun ‘desastre’ acontecido en Conxo, e as gravacións dunha festa celebrada no recinto testemuñan o intento radical (e romántico?) por superar as diferenzas estruturais entre ‘normal’ e ‘anormal’ ―cómpre dicir que Franco aínda dictaba quen era quen. Pero os directores Pablo Cayuela e Xan Gómez Viñas, simultaneamente, fan renxer as xunturas do seu propio traballo, mediante unha expresiva banda sonora armada de xilófono e percusión que parece advertirnos contra o erro sempre presente: que a privilexiada distancia histórica permite, de unha vez por todas, avaliar as accións e decisións do noso pasado.

New Vision Award

Programa completo